Recén erguido hoxe quedei de pedra logo de coñecer a vergoñenta actuación do Fiscal Xeral do Estado español Cándido Conde-Pumpido, dando orde de que se "secuestrara" o último número de "El Jueves", xustificando dita orde en que a portada da mesma (unha caricatura dos futuribles reis de españa, se é que o estado español non se transforma antes nunha República) era un atentado contra a dignidade dos individuos antes mencionados e incurría nun delicto de inxurias contra os mesmos (máis ou menos viña disindo, algho así).
Gustaríame neste meu blog, dar todo o meu apoio e respaldo á revista satírica El Jueves, tanto á revista como aos seus traballadores (entre os cales se contan ilustres galegos como Kiko Dasilva e noutros tempos Daspastoras). Do mesmo xeito quero amosar a miña máis enérxica repulsa e condea a unha interpretación persoal revestida de decisión xudicial que vulnera flagrantemente o dereita que temos tod@s @s cidadáns/ás do estado español á Liberdade de Expresión. Teño que dicir ademáis que, como humorista gráfico, ilustrador e artista, en xeral, hai que ter moito coidado cos recortes na Liberdade de Expresión porque ¿quen marca os límites da Liberdade de Expresión?, hoxe é Conde-Pumpido e mañá pode ser Acebes ou Jiménez Losantos.
Pódese considerar dita portada de mal gusto ou mesmo pecaminosa (se se mira con ollos da igrexa, por aquilo de darlle por detrás en vez de usar a postura do misioneiro, que é máis católica), pero daí a falar de delicto, paréceme, sinceramente mexar fóra do testo.
Un saúdo de sábado,
Juancho.
No hay comentarios:
Publicar un comentario