miércoles 21 de octubre de 2009
miércoles 14 de octubre de 2009
Xandra xa ten 2027 amigas/os!!!
Pois mira, en pouco máis dun mes xa ten o dobre de amizades, hai que seguir,
o vindeiro reto será chegar ás 10000 amizades. A ver se antes de rematar o ano chegamos a iso. E a ver se aqui o debuxante dígnase a debuxar outra cousa que non sexa a Xandra. A ver.
o vindeiro reto será chegar ás 10000 amizades. A ver se antes de rematar o ano chegamos a iso. E a ver se aqui o debuxante dígnase a debuxar outra cousa que non sexa a Xandra. A ver.
miércoles 16 de septiembre de 2009
martes 8 de septiembre de 2009
1.025 amigas e amigos!!!
Poi a día de hoxe son 1.025 as amizades de Xandra, pero agardo que sigan aumentando porque creo que Xandra só pode levar alegría á vida da xente, non si? Entre mentres xa vai sendo hora de que eu suba algunha ilustración ao blog, a ver se esta semana...Parece que ulyimamente só debuxo a Xandra. Haberá que crear novas personaxes...Algo anda a argallar a miña cabeciña que xa a sinto moverse, pero aínda non sei o que é. Tereino que averiguar, polo momento seguimos traballando. Un saúdo e un monte de bicos pa tod@s. E para Mai un especial que xa hai tempo que non lle deixo ningún aquí: muuuuuac!
Vémonos en breves.
Vémonos en breves.
martes 25 de agosto de 2009
Nova! Xandra ten un perfil creado no facebook
Efectivamente, asín é, levado pola miña ambición desmesurada e polos meus desexos egocéntricos de notoriedade, un bo día decidín dar a coñecer a Xandra ao mundo, con tal fin creeille un perfil no Facebook e empecei a procurarlle amiguiños e amiguiñas, porque creo que a xente merece ter a Xandra nas súas vidas, actualmente, a 2 ou 3 semanas de terlle creado o perfil Xandra xa vai polos 490 amiguiños e amiguiñas, agardo darvos novas informacións cada certo tempo informándovos de como vai o seu ranking de amizades/lectores.
Cando se me ocurriu esta idea de darlle unha identidade no facebook a Xandra vinlle moitas cousas boas. Por unha banda podo desenvolver o personaxe nunha suposta vida real a toda cor e ademáis tamén incorporo as súas aventuras en viñeta, deste xeito traballo unha doble visión do personaxe e a xente pode coñecela, tamén é unha maneira novidosa de dar a coñecer un personaxe e, por suposto, de darme a coñecer eu mesmo, percibo a reacción da xente ante ela e as viñetas, e pouco a pouco vaina coñecendo máis e máis xente. Como é vía facebook todas e todos teñen q dar previamente o seu permiso á solicitude de amistade de Xandra, polo que se converten en lectores voluntarios. Polo momento isto é o que hai, ireivos informando deste asunto conforme vaian acontecendo cousas. Por suposto o meu blog non deixará de publicar as novas aventuras que lle acontezan a Xandra en viñeta.
Un saúdo, e seguimos en contacto.
Cando se me ocurriu esta idea de darlle unha identidade no facebook a Xandra vinlle moitas cousas boas. Por unha banda podo desenvolver o personaxe nunha suposta vida real a toda cor e ademáis tamén incorporo as súas aventuras en viñeta, deste xeito traballo unha doble visión do personaxe e a xente pode coñecela, tamén é unha maneira novidosa de dar a coñecer un personaxe e, por suposto, de darme a coñecer eu mesmo, percibo a reacción da xente ante ela e as viñetas, e pouco a pouco vaina coñecendo máis e máis xente. Como é vía facebook todas e todos teñen q dar previamente o seu permiso á solicitude de amistade de Xandra, polo que se converten en lectores voluntarios. Polo momento isto é o que hai, ireivos informando deste asunto conforme vaian acontecendo cousas. Por suposto o meu blog non deixará de publicar as novas aventuras que lle acontezan a Xandra en viñeta.
Un saúdo, e seguimos en contacto.
lunes 10 de agosto de 2009
ultima viñeta de xandra
martes 7 de julio de 2009
reflexións de verán

aqui vai outra viñeta, poderíase dicir que é unha viñeta de verán pero por onde eu vivo non o parece, parece unha especie de outono amable. Para traballar é mellor, así que non hai queixa. Pero bueno, a Xandra si que lle desexarei un bo verán, xa pode tomar o sol que polo de agora está case tan branca como o seu creador. Unha aperta a tod@s.
lunes 15 de junio de 2009
Hoxe recibín un e-mail de Xandra

Foi unha cousa moi curiosa que Xandra me escribira preguntándome por Xandra, a miña Xandra. E como me fixo moitísima ilusión quero mandarlle dende aquí unha forte aperta porque, por un momento, sentinme como se a miña Xandra tomara vida e me estivera a falar.
Pero non, tratábase doutra Xandra, unha moza dalgún lugar da Galiza que desexaba coñecer máis sobre a miña Xandra pola súa coincidencia antroponímica.
Dende aquí quero mandarlle unha forte aperta pois a Xandra Preto, e agardo que a miña Xandra
siga medrando pouquiño a pouco co cariño da xente que le o meu blog ou A Peneira da Louriña.
Un saúdo e aquí vos deixo outra viñeta desta moza que é guapa e riquiña a partes iguais.
martes 26 de mayo de 2009
ilustracions para concerto de Pancho Álvarez
Ola. Pancho Álvarez é un contrastado músico de longa traxectoria que habitualmente toca co gaiteiro Carlos Núñez, aínda que tamén ten proxectos como creador musical independente. Para presentar o seu último traballo ("Sólidos Galicianos", Pai Música) elixiu o marco incomparable do Baixo do Moncho coa VI Edición do Festival de Cans como telón de fondo.
E diredes vós, ¿para que nos conta todo isto? Explícovos. Nese complicado entramado que é o Festival de Cans, ao seu director Fonso Pato (tamén director de varios programas da TVG como "Banda Curta", "Criaturas" e "Onda Curta") ocurréuselle que ao tempo que Pancho recitaba un Cantar de Cego existente sobre un accidente dun autobús acontecido en Cans alá polo 1955, eu podería preparar unha serie de ilustracións como apoio.
Estas dúas ilustracións foron proxectadas ao tempo que Pancho cantaba o pasado mércores 20 de Maio no Baixo do Moncho, e un servidor quedou contento de contribuír ao Festival de Cans co seu pequeno graíño de area. Bueno, tamén tiven algo que ver coa imaxe gráfica do Festival pero iso podédelo ver no meu outro blog (lembrade www.juanchodesenha.blogspot.com). Se ben é certo que as ilustracións poderían estar mellor de ter eu máis tempo, tamén non é menos certo que as cousas que se fan sen pensar, moitas veces teñen un grao de espontaneidade do cal carecen os traballos máis planificados. Agardo que vos gosten.
E diredes vós, ¿para que nos conta todo isto? Explícovos. Nese complicado entramado que é o Festival de Cans, ao seu director Fonso Pato (tamén director de varios programas da TVG como "Banda Curta", "Criaturas" e "Onda Curta") ocurréuselle que ao tempo que Pancho recitaba un Cantar de Cego existente sobre un accidente dun autobús acontecido en Cans alá polo 1955, eu podería preparar unha serie de ilustracións como apoio.
Estas dúas ilustracións foron proxectadas ao tempo que Pancho cantaba o pasado mércores 20 de Maio no Baixo do Moncho, e un servidor quedou contento de contribuír ao Festival de Cans co seu pequeno graíño de area. Bueno, tamén tiven algo que ver coa imaxe gráfica do Festival pero iso podédelo ver no meu outro blog (lembrade www.juanchodesenha.blogspot.com). Se ben é certo que as ilustracións poderían estar mellor de ter eu máis tempo, tamén non é menos certo que as cousas que se fan sen pensar, moitas veces teñen un grao de espontaneidade do cal carecen os traballos máis planificados. Agardo que vos gosten.

viernes 24 de abril de 2009
gústame esta viñeta

pois si, esta viñeta góstacheme moito como quedou,
das mellores que teño feito nos últimos anos,
agardo que vos guste.
Hoxe estou canso, son as dez da noite e como dicía o xabarín
"vai sendo hora de ir para casa...", pero como eu xa traballo na casa,
no meu caso terei que dicir "vai sendo hora de saír da casa..."
Máis nada, despídome
e a ver se un día destes subo algunha ilustración que non sexa unha viñeta,
o malo é que o tempo é un ben moi escaso
na miña vida a día de hoxe.
Un bico, quéresevos.
jueves 26 de marzo de 2009
Xandra de compras

Hai unha cita que di algo así como: "Hai homes que loitan un día e son bos, hai outros que loitan un ano e son mellores, hai quenes loitan moitos anos e son moi bos, pero hai os que loitan toda a vida, eses son os imprescindibles" (Bertolt Brecht). Cando deseñei o personaxe de Xandra, pensei nunha persoa que se lle podería aplicar unha cita semellante: "Hai persoas que están ao teu carón un día, esas son boas, hai persoas que están ao teu carón un ano e son mellores, hai as que están ao teu carón moitos anos e son moi boas, pero hai as que están ao teu carón toda a vida, esas son as imprescindibles". Esta clase de persoa é Xandra, das imprescindibles. Pero, aínda máis, eu engadería outra cita: "Hai persoas que nacen para ir de compras, e hai outras que nacen para acompañar ás que van de compras. Esas son as imprescindibles".
Un bico a tod@s e unha aperta.
martes 20 de enero de 2009
miércoles 12 de noviembre de 2008
martes 7 de octubre de 2008
aquí estou de novo subindo unha viñeta nova
Xa sei que estou actualizando pouco o meu blog pero o certo é que ando enleado co meu proxecto profesional, quero dicir que hai pouco que me dei de alta como autónomo e polo momento todos os proxectos que me foron xurdindo foron todos para juanchodesenha (aínda que eu sempre aproveito para meter polo medio algunha ilustración). É por iso que juanchodebuxa non sobe tantas cousas como lle gustaría. Hai moito que mellorar neste blog pero pouco a pouco, paseniñamente xa irei ofrecéndevos máis cousas de calidade.
Estanme pasando moitas cousas ao mesmo tempo e non teño marxe para ordealas, iso si, estou tentando facer as cousas o mellor posible para, algún día poder recoller os froitos,
pero mentres tanto, como alguén dixo por aí: "a inspiración existe, pero por se acaso, que me pille traballando". E así ando, ás voltas con JD&JD e o pouco tempo que me sobra é para Mai (que a pobre aínda traballa máis ca min).
Un saúdo, e moitos bicos a tod@s @s que len este blog.
Estanme pasando moitas cousas ao mesmo tempo e non teño marxe para ordealas, iso si, estou tentando facer as cousas o mellor posible para, algún día poder recoller os froitos,
pero mentres tanto, como alguén dixo por aí: "a inspiración existe, pero por se acaso, que me pille traballando". E así ando, ás voltas con JD&JD e o pouco tempo que me sobra é para Mai (que a pobre aínda traballa máis ca min).
Un saúdo, e moitos bicos a tod@s @s que len este blog.
martes 12 de agosto de 2008
presentación de A CONTA ATRÁS no Festival Viñetas desde o ATlántico
Estes días recibín varios e-mails da responsable de comunicación da editorial Factoría K (Paz Castro) para informarme da presentación da última obra de bd de Sergi San Julián con guión de Carlos Portela, e prólogo de Manuel Rivas. Dita obra leva por título A CONTA ATRÁS, e sitúanos un ano despois da terrible marea negra que emporcallou as costas da Galiza.
Esta presentación será o vindeiro 13 de agosto, mañá, para entendernos, ás 19:15 horas na Coruña. Será na Fundación Caixa Galicia (planta baixa), con motivo do XI Festival Viñetas desde o Atlántico, que por certo este ano ten un cartel incrible.
O libro ten moi boa pinta e recoméndovos que o merquedes. Ademáis, como un servidor este ano non vai poder ir, pois así parece que falando de presentacións e tal estou máis preto deste FESTIVAL (con maiúsculas) que é un orgullo para tod@s @s galeg@s. Quen sabe, quizáis algún día poida eu presentar unha obra miña nel. Mentres tanto, será un bonito soño que, polo momento, e mentres non se diga o contrario, soñar é de balde.
Moi ben, pois a miña recomendación queda feita.
Un sáudo e bicos a tod@s.
miércoles 6 de agosto de 2008
viñeta de verán
jueves 10 de julio de 2008
proxima viñeta da Peneira da Louriña
Aquí a tedes, en primicia, antes de que saia o xornal a viñeta da nena vudú,

espero como sempre que vos guste. Por certo tiven uns días de baixa informática obrigada a causa dun virus, pero non por que collera eu un virus senón por mor dun virus informático que lle atacou duro á miña computer, pobre dela! Pero aquí seguimos, polo momento... O momento era moi malo pero xa se sabe o que di a Lei de Murphy, basta que algo poida ir peor para que vaia peor. Grazas a tod@s e seguimos en contacto.

martes 24 de junio de 2008
viñeta para os amigos da Asociacion Moskeo Colectivo
jueves 29 de mayo de 2008
...estas xeitosas mozas debuxeinas hai un par de semanas
...pois así é, estas mozas debuxeinas no corel (ferramenta de forma) nun cartel que deseñei para o concurso de carteis da Festa da Rosa de Mos 2008, verdade que son xeitosas? (Bueno, polo menos a min gústanme). Pois nada, que non hai maneira, unha vez máis non gañei ningún premio nun concurso de carteis. Sorte de ter un blog e poder amosárvolas a tod@s, vós xulgaredes... Como sempre que hai deseño de por medio, o cartel podedes consultalo no meu outro blog (http://www.juanchodesenha.blogspot.com/)


martes 27 de mayo de 2008
ilustracións para un concurso de chapas
éstas son dúas das ilustracións que empreguei nun concurso de deseño de chapas no que participei. O concurso chámase "1000 Chapas Solidarias" e, nesta edición, tentaba sensibilizar contra o abandono de animais. As chapas que presentei eu están no blog de deseño (lembrade http://www.juanchodesenha.blogspot.com/ )
viernes 25 de abril de 2008
agora Juancho tamén deseña
efectivamente, hai varios días que está inaugurado o meu novo blog, é un blog de deseño, onde subirei movidas que penso merezan a pena de ver, cousas que fago pero que serán de deseño. Pero non por isto deixarei de subir a este blog todo o que faga interesante que se refira a debuxo, ilustración, etc...
a dirección do blog é, como non, www.juanchodesenha.blogspot.com
a dirección do blog é, como non, www.juanchodesenha.blogspot.com
miércoles 12 de marzo de 2008
a febre do chiki-chiki xa chegou
martes 19 de febrero de 2008
martes 22 de enero de 2008
the exorcist a cor
martes 15 de enero de 2008
Xa estou de volta!

Acabo de decatarme que dende novembro non subía nada ao meu blog, pero xa estou de novo. A cuestión é que entre traballo de media xornada e carnet de conducir. de súpeto quedei sen horas no día (e na noite). Vale, xa sei que son excusas, pero o importante é que XA ESTOU DE VOLTA!!! E para comezar unha versión moi particular de THE EXORCIST, filme que é un dos preferidos de Mai, en seguida a veredes. Unha aperta moi grande a to@s aquel@s que pasades por aquí a ver se hai algo novo. Un bico e a debuxar!
viernes 2 de noviembre de 2007
Fase de entintar
Pois aquí está esta ilustración de mestura racial xa entintada e pendente de recibir cor. Hoxe xa é venres, pasou o festivo e chega a fin de semana, a choiva non acaba de voltar connosco e hai xa moita xente que se queixa, por exemplo na miña casa, que asocian cocido e mal tempo. E mañá toca cocido. De todos os xeitos eu prefiro que faga sol (vale e que chova polas noites, menos nas noites dos venres e sábados).miércoles 31 de octubre de 2007
mozo e mozas, suma de razas II
Efectivamente este debuxo é o segundo da serie, suma de razas. A ilustración é a típica dun tipo duro negro con pistola dunha rúa de New York coas súas foraxidas detrás (ou algho así), pois non, preferín armalas con munición que de bélica non ten nada, senón que vai cargada de simbolismo (isto soa moi pretencioso da miña parte, pero en realidade iso que digo era o que pretendía cando fixen a ilustración). Agardo que vos mole, e aghora queda darlle tinta e cor. Hoxe é mércores pero como se fora venres, un bico a tod@s.jueves 25 de octubre de 2007
Boa Nova


Esta nova vaivos aledar a tod@s, por fin unha publicación mensual de BD-humor gráfico-ilustración satírico-retranqueira de noso, por fin un proxecto que pode ser unha das mellores novas deste 2007. o prezo será de 2,20€ e hai que ir mercala cada mes ao quiosco para botar unhas risas. Sae en novembro e anda polo medio xente como Kiko Dasilva, Pinto e Chinto, Gutián, a xente do Rei Zentolo, ...
posibles fondos
miércoles 24 de octubre de 2007
parado xa coloreado
parado xa entintado

esta sería a segunda fase en todo o proceso de creación dun personaxe para BD, a tinta, que aínda que parece unha tontería, é unha das claves esenciais para que ao final se vexa bonito ese personaxe. hai moita diferencia entre un personaxe sen tinta e outro con tinta, tal e como podemos ver nas ilustracións deste tipo parado. posteriormente veremos a evolución entre personaxe entintado e personaxe coloreado, por certo, que vos parece que estea a facer este individuo nesta postura tan estraña? Saberédelo en breve...
lunes 22 de octubre de 2007
parado

xa levaba varias semanas sen subir nada ao meu blog, era porque andaba facendo unha BD para unha campaña de igualdade e prevención de malos tratos para os centros de primaria dun concello veciño
"parado", este tipo que debuxei reflicte á perfección o meu estado actual: CALVO e PARADO, pero non só parado profesionalmente (que tamén), senón parado vitalmente, con catro cousas claras que son as que me empurran para adiante, entre elas, o debuxo e, por suposto, a Mai de Trives [que non é a miña mai, aínda que si é a miña Mai; sen esquecer a Soli, que si é a miña mai ou nai, como dicimos por eiquí], pero hai un espazo baleiro diante de min, sen debuxar, de aí que estea parado, sen saber moi ben que facer, pero con moitas ganas de tirar para adiante, que ao final iso é o que conta
miércoles 19 de septiembre de 2007
lunes 10 de septiembre de 2007
mozo e moza, suma de razas
lunes 27 de agosto de 2007
lunes 20 de agosto de 2007
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















