lunes, 22 de octubre de 2007

parado


xa levaba varias semanas sen subir nada ao meu blog, era porque andaba facendo unha BD para unha campaña de igualdade e prevención de malos tratos para os centros de primaria dun concello veciño

"parado", este tipo que debuxei reflicte á perfección o meu estado actual: CALVO e PARADO, pero non só parado profesionalmente (que tamén), senón parado vitalmente, con catro cousas claras que son as que me empurran para adiante, entre elas, o debuxo e, por suposto, a Mai de Trives [que non é a miña mai, aínda que si é a miña Mai; sen esquecer a Soli, que si é a miña mai ou nai, como dicimos por eiquí], pero hai un espazo baleiro diante de min, sen debuxar, de aí que estea parado, sen saber moi ben que facer, pero con moitas ganas de tirar para adiante, que ao final iso é o que conta

No hay comentarios: