jueves, 26 de marzo de 2009

Xandra de compras








Hai unha cita que di algo así como: "Hai homes que loitan un día e son bos, hai outros que loitan un ano e son mellores, hai quenes loitan moitos anos e son moi bos, pero hai os que loitan toda a vida, eses son os imprescindibles" (Bertolt Brecht). Cando deseñei o personaxe de Xandra, pensei nunha persoa que se lle podería aplicar unha cita semellante: "Hai persoas que están ao teu carón un día, esas son boas, hai persoas que están ao teu carón un ano e son mellores, hai as que están ao teu carón moitos anos e son moi boas, pero hai as que están ao teu carón toda a vida, esas son as imprescindibles". Esta clase de persoa é Xandra, das imprescindibles. Pero, aínda máis, eu engadería outra cita: "Hai persoas que nacen para ir de compras, e hai outras que nacen para acompañar ás que van de compras. Esas son as imprescindibles".
Un bico a tod@s e unha aperta.


No hay comentarios: