Ola. Pancho Álvarez é un contrastado músico de longa traxectoria que habitualmente toca co gaiteiro Carlos Núñez, aínda que tamén ten proxectos como creador musical independente. Para presentar o seu último traballo ("Sólidos Galicianos", Pai Música) elixiu o marco incomparable do Baixo do Moncho coa VI Edición do Festival de Cans como telón de fondo.
E diredes vós, ¿para que nos conta todo isto? Explícovos. Nese complicado entramado que é o Festival de Cans, ao seu director Fonso Pato (tamén director de varios programas da TVG como "Banda Curta", "Criaturas" e "Onda Curta") ocurréuselle que ao tempo que Pancho recitaba un Cantar de Cego existente sobre un accidente dun autobús acontecido en Cans alá polo 1955, eu podería preparar unha serie de ilustracións como apoio.
Estas dúas ilustracións foron proxectadas ao tempo que Pancho cantaba o pasado mércores 20 de Maio no Baixo do Moncho, e un servidor quedou contento de contribuír ao Festival de Cans co seu pequeno graíño de area. Bueno, tamén tiven algo que ver coa imaxe gráfica do Festival pero iso podédelo ver no meu outro blog (lembrade www.juanchodesenha.blogspot.com). Se ben é certo que as ilustracións poderían estar mellor de ter eu máis tempo, tamén non é menos certo que as cousas que se fan sen pensar, moitas veces teñen un grao de espontaneidade do cal carecen os traballos máis planificados. Agardo que vos gosten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario