lunes, 15 de junio de 2009

Hoxe recibín un e-mail de Xandra








Foi unha cousa moi curiosa que Xandra me escribira preguntándome por Xandra, a miña Xandra. E como me fixo moitísima ilusión quero mandarlle dende aquí unha forte aperta porque, por un momento, sentinme como se a miña Xandra tomara vida e me estivera a falar.

Pero non, tratábase doutra Xandra, unha moza dalgún lugar da Galiza que desexaba coñecer máis sobre a miña Xandra pola súa coincidencia antroponímica.
Dende aquí quero mandarlle unha forte aperta pois a Xandra Preto, e agardo que a miña Xandra
siga medrando pouquiño a pouco co cariño da xente que le o meu blog ou A Peneira da Louriña.
Un saúdo e aquí vos deixo outra viñeta desta moza que é guapa e riquiña a partes iguais.

7 comentarios:

Unknown dijo...

Que rapariga máis entrañábel... xa que a coñecín seguireina en cada viñeta, é coma se non a poidese deixar soa, porque dalgún xeito son eu.

Grazinhas Juancho!

Javier Ramírez Troncoso dijo...

Juancho, queria hacerte una preguntita. Estube viendo cosas tuyas por tu blog y es para ver si utilizas el rotulador pincel tan famoso, que pinta una linea sensible cojonuda,jeje. Llevo meses buscando el condenado rotulador y me parece que se llama "Pentel", pero no se donde encontrarlo. Sabes algo?
Un saludo maquina

JuanchoDebuxa dijo...

Ola Javi, a verdade é que eu ata o día de hoxe os negros sempre os dei con tinta china de toda a vida e cando metín cor depende, nalgúns casos usei o phtoshop e noutros (nas ilustracións que aparecen ao principio sobre todo)use acuarela (moi recomendable algunha vez usar acuarelas, supoño que xa cho dirían no Failde). Sen embargo ti me preguntas por algo chamado pentel. Eu con eses nome descoñecía se había unha ferramenta de trazar liñas ou así, e buscando atopei que efectivamente hai uns boligrafos dixitais así chamados aúnda q nas webs q vin falan das suas propiedades para a escritura dixital, coma quen quere escribir algo do seu puño e letra e para que se vexa en pantalla. Eu iso non o teño. O que si teño, que mo regalaron hai un ano e aínda non a usei é a tánoa Wacom, q creo que tamén había quen lle chamaba painter ou algo así. Pero como aínda non a estrenei, pois ata entón non sei nada. De todos os xeitos algo polo estilo lle preguntei no seu día a David Rubín e a Marcos Calo. O Rubín díxome daquela que él nunca usou outra cousa que tinta papel, e logo photoshop (nada de cousas tecnolóxicas), sen embargo Marcos Calo dicíame que el usaba moito a táboa wacom. Creo que o Rubín mesmo me dicía que ás veces debuxaba directamente co rato, é dicir que non facía un boceto previo. Mira, de feito, se che interesa coñecer o que lles preguntei e o q me respostaron pegareiche o seu mail no teu blog. Unha aperta!

Anónimo dijo...

Gracias tio, pero ainda asi penso que existes uns rotuladores pincel que son moi bos para debuxar. un amigo ten un e son a ostio, o unico problema e que o comprou en xapon e aqui non atopo por ningures.
Seguirei buscando.
De paso mira a este debuxante encantame o seu estilo.
http://www.pacoroca.com/
ahhh e acabei de leer o ultimo libro de isusi o de "rio loco", esta moi ben.

Javier

Anónimo dijo...

Por certo o das tabletas graficas e un luxo. Eu estou aforrando para comprarme unha, jeje. Pruebala que che vai gustar

JuanchoDebuxa dijo...

Tío pois eu teño "Arrugas", se o queres ler non tes mais q pedirmo,
está moi ben, de tan ben q está déronlle o Premio Nacional do cómic por diante de Rubín, se non me equivoco, tamén me gusta si. Aínda q non é o meu favorito (á un pouco "liña clara" de máis para o meu gusto) creo q é un tío dos de toda a vida currando q ten o q se merece con ese recoñecemento. Xente así merece todos os meus respectos.

JuanchoDebuxa dijo...

Por certo eu tiven un rotulador-pincel, pero non creo q sexa o q ti dis. Tiña unha especie de pincel (q non era exactamente pincel pq non tiña os peliños estes senón q era como un pincel de goma) por un extremo e un rotulador negro polo outro. Acabo de atopalo no borde pon "staedtler mars graphic 3000 duo"