Efectivamente, asín é, levado pola miña ambición desmesurada e polos meus desexos egocéntricos de notoriedade, un bo día decidín dar a coñecer a Xandra ao mundo, con tal fin creeille un perfil no Facebook e empecei a procurarlle amiguiños e amiguiñas, porque creo que a xente merece ter a Xandra nas súas vidas, actualmente, a 2 ou 3 semanas de terlle creado o perfil Xandra xa vai polos 490 amiguiños e amiguiñas, agardo darvos novas informacións cada certo tempo informándovos de como vai o seu ranking de amizades/lectores.
Cando se me ocurriu esta idea de darlle unha identidade no facebook a Xandra vinlle moitas cousas boas. Por unha banda podo desenvolver o personaxe nunha suposta vida real a toda cor e ademáis tamén incorporo as súas aventuras en viñeta, deste xeito traballo unha doble visión do personaxe e a xente pode coñecela, tamén é unha maneira novidosa de dar a coñecer un personaxe e, por suposto, de darme a coñecer eu mesmo, percibo a reacción da xente ante ela e as viñetas, e pouco a pouco vaina coñecendo máis e máis xente. Como é vía facebook todas e todos teñen q dar previamente o seu permiso á solicitude de amistade de Xandra, polo que se converten en lectores voluntarios. Polo momento isto é o que hai, ireivos informando deste asunto conforme vaian acontecendo cousas. Por suposto o meu blog non deixará de publicar as novas aventuras que lle acontezan a Xandra en viñeta.
Un saúdo, e seguimos en contacto.
2 comentarios:
Buenas Juancho, pa la semana te queria llamar para ver si tienes un ratito libre porque te queria comentar un asuntillo y pedir tu opinion si no te importa sobre outro.
Un saludo
O.K. Cando queiras, por suposto,
xa sabes que non hai fallo.
Espero que sexan novas oportunidades para ti. Por certo este sábado é o intercontraCULTURA, non si? Alí tamén nos veremos, pero cando queiras chámame que falamos máis tranquilamente,
unha aperta!
Publicar un comentario