jueves, 8 de julio de 2010

ultima viñeta de Xandra para A Peneira da Louriña








Como creo que todo profesional que desenvolve un traballo debe cobrar polos seus servizos, e logo de case 5 anos debuxando para este xornal sen cobrar, chegou o momento en que decidín solicitar unha contraprestación económica. A resposta do director do mesmo foi que non lles era posible, que eu mirara o que facía pero que non me ían pagar NADA (aínda que eu non lle falara en ningún momento de cantidades), ante isto eu optei por seguir debuxando neste xornal, priorizando a miña necesidade de debuxar por enriba dos meus intereses como profesional. Sen embargo, chega un punto en que un se prantexa ata que punto está facendo respectar a súa obra. E como o respecto polo traballo dun profesional debe prevalecer, hoxe optei por publicar a derradeira viñeta de Xandra na Peneira da Louriña. O futuro xa se verá cal é, pero polo menos, aínda quie tarde, defendín a miña dignidade profesional polo que estou ben contento. Polo momento, Xandra seguirá publicándose no fanzine catalán Le Potage (revista non profesional onde ningún dos debuxantes nin autores cobra) como viña facendo ata o de agora. Un saúdo. A imaxe que vai adxunta é a da última viñeta na Peneira.

No hay comentarios: