martes, 12 de agosto de 2008
presentación de A CONTA ATRÁS no Festival Viñetas desde o ATlántico
Estes días recibín varios e-mails da responsable de comunicación da editorial Factoría K (Paz Castro) para informarme da presentación da última obra de bd de Sergi San Julián con guión de Carlos Portela, e prólogo de Manuel Rivas. Dita obra leva por título A CONTA ATRÁS, e sitúanos un ano despois da terrible marea negra que emporcallou as costas da Galiza.
Esta presentación será o vindeiro 13 de agosto, mañá, para entendernos, ás 19:15 horas na Coruña. Será na Fundación Caixa Galicia (planta baixa), con motivo do XI Festival Viñetas desde o Atlántico, que por certo este ano ten un cartel incrible.
O libro ten moi boa pinta e recoméndovos que o merquedes. Ademáis, como un servidor este ano non vai poder ir, pois así parece que falando de presentacións e tal estou máis preto deste FESTIVAL (con maiúsculas) que é un orgullo para tod@s @s galeg@s. Quen sabe, quizáis algún día poida eu presentar unha obra miña nel. Mentres tanto, será un bonito soño que, polo momento, e mentres non se diga o contrario, soñar é de balde.
Moi ben, pois a miña recomendación queda feita.
Un sáudo e bicos a tod@s.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
wow, very special, i like it.
Publicar un comentario