martes, 7 de octubre de 2008

aquí estou de novo subindo unha viñeta nova

Xa sei que estou actualizando pouco o meu blog pero o certo é que ando enleado co meu proxecto profesional, quero dicir que hai pouco que me dei de alta como autónomo e polo momento todos os proxectos que me foron xurdindo foron todos para juanchodesenha (aínda que eu sempre aproveito para meter polo medio algunha ilustración). É por iso que juanchodebuxa non sobe tantas cousas como lle gustaría. Hai moito que mellorar neste blog pero pouco a pouco, paseniñamente xa irei ofrecéndevos máis cousas de calidade.

Estanme pasando moitas cousas ao mesmo tempo e non teño marxe para ordealas, iso si, estou tentando facer as cousas o mellor posible para, algún día poder recoller os froitos,
pero mentres tanto, como alguén dixo por aí: "a inspiración existe, pero por se acaso, que me pille traballando". E así ando, ás voltas con JD&JD e o pouco tempo que me sobra é para Mai (que a pobre aínda traballa máis ca min).
Un saúdo, e moitos bicos a tod@s @s que len este blog.

No hay comentarios: