miércoles, 9 de julio de 2014

















juáncho | DEBUXA & DESEÑA
> Ilustracións / Tema: 'Os superheroes' (Letra e Música: Toquinho/Mutinho. Adapatación para o galego: María Freiría. Arranxos: Sérgio Tannus) | Disco-Libro Infantil 'Xiqui, Xoque, Fiú Fiú. María Fumaça' (Editorial Galaxia)















juáncho | DEBUXA & DESEÑA
> Ilustracións / Tema: 'Xa son maior' (Letra e música: Magín Blanco) | Disco-Libro Infantil 'María Fumaça' (Editorial Galaxia) & Programa de man

miércoles, 31 de julio de 2013


















juáncho | DEBUXA & DESEÑA
> Proposta Cartels Festa da Rosa. Concello de Mos. Edición 2013

lunes, 29 de julio de 2013














Marcapáxinas para repartir nos colexios do Concello de Mos. 
Concellería de Cultura e Benestar Social.
Día Internacional das Persoas con Discapacidade 2012

sábado, 23 de marzo de 2013

Proposta de Cartel para a Festa da Rosa do 2012
Proposta de cartel para o Festival de Cans do 2012

sábado, 25 de septiembre de 2010

Outra viñeta de Le Potage

Esta viñeta creo q saiu publicada no Le Potage de Xuño.

viñeta de Xandra para Le Potage

Efectivamente como dixo aqui Javi o outro día, parece que non debuxo na revista Le potage xa que non teño subido ultimamente viñetas. Coma sempre a culpa é do maldito tempo. Pero bueno, para compensar vou subir un par de elas xa publicadas.

jueves, 8 de julio de 2010

ultima viñeta de Xandra para A Peneira da Louriña








Como creo que todo profesional que desenvolve un traballo debe cobrar polos seus servizos, e logo de case 5 anos debuxando para este xornal sen cobrar, chegou o momento en que decidín solicitar unha contraprestación económica. A resposta do director do mesmo foi que non lles era posible, que eu mirara o que facía pero que non me ían pagar NADA (aínda que eu non lle falara en ningún momento de cantidades), ante isto eu optei por seguir debuxando neste xornal, priorizando a miña necesidade de debuxar por enriba dos meus intereses como profesional. Sen embargo, chega un punto en que un se prantexa ata que punto está facendo respectar a súa obra. E como o respecto polo traballo dun profesional debe prevalecer, hoxe optei por publicar a derradeira viñeta de Xandra na Peneira da Louriña. O futuro xa se verá cal é, pero polo menos, aínda quie tarde, defendín a miña dignidade profesional polo que estou ben contento. Polo momento, Xandra seguirá publicándose no fanzine catalán Le Potage (revista non profesional onde ningún dos debuxantes nin autores cobra) como viña facendo ata o de agora. Un saúdo. A imaxe que vai adxunta é a da última viñeta na Peneira.

lunes, 7 de junio de 2010

2 probas de cartel para o VII Festival de Cans



Estas son 2 probas de cartel con ilustracións polo medio,
non estou moi contento con elas pero polo menos podedes ir mirando
algo mentres non teña algo máis decente:

Foto da Xandra en cor

Son consciente, como dixo javi un par de entradas máis abaixo, que estou subindo pouco material. A verdade é que como no inverno practicamente o único que debuxo é Xandra, e ela xa ten perfil e páxina no facebook... por certo, é verdade, ela xa ten páxina propia no facebook, poreivos aqui o enlace
http://www.facebook.com/pages/Xandra/126963473991959?ref=mf

Ilustración de Xandra para páxina de facebook

sábado, 13 de febrero de 2010

Planet 51

Este enlace conduce á web de Marcos Calo, un dos meus debuxantes galegos favoritos polo seu talento, incrible o deste mozo na peli Planet 51.
Para iso vos poño este enlace, para que flipedes co que está a facer a xente galega polo mundo. Tamén podedes aproveitar para entrar no enlace de Emma Ríos, porque publicar na editorial Marvel tamén está ao alcance de moi poucas persoas en todo o mundo.
Aqui tedes o enlace:
http://www.marcoscalo.com/galleryanimation.htm

Por certo, que esta finde celébrase a gala dos Premios Goya de cine, e posiblemente Planet 51 arrase na sección de animación.

O enlace para ver os traballos de Emma Ríos na Marvel,
entre outras cousas, é este (aínda que o link xa o teño no blog)
http://steinerfrommars.blogspot.com

miércoles, 20 de enero de 2010

Ilustración-Premio













Esta ilustración é o premio para Alfredo de Chantada por participar nun concurso
de tipo "¿Coñeces a Xandra?"

miércoles, 21 de octubre de 2009

miércoles, 14 de octubre de 2009

Xandra xa ten 2027 amigas/os!!!

Pois mira, en pouco máis dun mes xa ten o dobre de amizades, hai que seguir,
o vindeiro reto será chegar ás 10000 amizades. A ver se antes de rematar o ano chegamos a iso. E a ver se aqui o debuxante dígnase a debuxar outra cousa que non sexa a Xandra. A ver.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

martes, 8 de septiembre de 2009

1.025 amigas e amigos!!!

Poi a día de hoxe son 1.025 as amizades de Xandra, pero agardo que sigan aumentando porque creo que Xandra só pode levar alegría á vida da xente, non si? Entre mentres xa vai sendo hora de que eu suba algunha ilustración ao blog, a ver se esta semana...Parece que ulyimamente só debuxo a Xandra. Haberá que crear novas personaxes...Algo anda a argallar a miña cabeciña que xa a sinto moverse, pero aínda non sei o que é. Tereino que averiguar, polo momento seguimos traballando. Un saúdo e un monte de bicos pa tod@s. E para Mai un especial que xa hai tempo que non lle deixo ningún aquí: muuuuuac!
Vémonos en breves.

martes, 25 de agosto de 2009

Nova! Xandra ten un perfil creado no facebook

Efectivamente, asín é, levado pola miña ambición desmesurada e polos meus desexos egocéntricos de notoriedade, un bo día decidín dar a coñecer a Xandra ao mundo, con tal fin creeille un perfil no Facebook e empecei a procurarlle amiguiños e amiguiñas, porque creo que a xente merece ter a Xandra nas súas vidas, actualmente, a 2 ou 3 semanas de terlle creado o perfil Xandra xa vai polos 490 amiguiños e amiguiñas, agardo darvos novas informacións cada certo tempo informándovos de como vai o seu ranking de amizades/lectores.

Cando se me ocurriu esta idea de darlle unha identidade no facebook a Xandra vinlle moitas cousas boas. Por unha banda podo desenvolver o personaxe nunha suposta vida real a toda cor e ademáis tamén incorporo as súas aventuras en viñeta, deste xeito traballo unha doble visión do personaxe e a xente pode coñecela, tamén é unha maneira novidosa de dar a coñecer un personaxe e, por suposto, de darme a coñecer eu mesmo, percibo a reacción da xente ante ela e as viñetas, e pouco a pouco vaina coñecendo máis e máis xente. Como é vía facebook todas e todos teñen q dar previamente o seu permiso á solicitude de amistade de Xandra, polo que se converten en lectores voluntarios. Polo momento isto é o que hai, ireivos informando deste asunto conforme vaian acontecendo cousas. Por suposto o meu blog non deixará de publicar as novas aventuras que lle acontezan a Xandra en viñeta.
Un saúdo, e seguimos en contacto.

lunes, 10 de agosto de 2009

ultima viñeta de xandra








Xandra non para, dende que fixo o seu chimpo
ao facebook parece outra,
dende o seu perfil de Facebook poderedes ver momentos
da súa vida que non saen publicados na prensa,
coa vantaxe de ser a toda cor,
non lle perdades a pista á mellor amiga do mundo!

martes, 7 de julio de 2009

reflexións de verán








aqui vai outra viñeta, poderíase dicir que é unha viñeta de verán pero por onde eu vivo non o parece, parece unha especie de outono amable. Para traballar é mellor, así que non hai queixa. Pero bueno, a Xandra si que lle desexarei un bo verán, xa pode tomar o sol que polo de agora está case tan branca como o seu creador. Unha aperta a tod@s.

lunes, 15 de junio de 2009

Hoxe recibín un e-mail de Xandra








Foi unha cousa moi curiosa que Xandra me escribira preguntándome por Xandra, a miña Xandra. E como me fixo moitísima ilusión quero mandarlle dende aquí unha forte aperta porque, por un momento, sentinme como se a miña Xandra tomara vida e me estivera a falar.

Pero non, tratábase doutra Xandra, unha moza dalgún lugar da Galiza que desexaba coñecer máis sobre a miña Xandra pola súa coincidencia antroponímica.
Dende aquí quero mandarlle unha forte aperta pois a Xandra Preto, e agardo que a miña Xandra
siga medrando pouquiño a pouco co cariño da xente que le o meu blog ou A Peneira da Louriña.
Un saúdo e aquí vos deixo outra viñeta desta moza que é guapa e riquiña a partes iguais.

martes, 26 de mayo de 2009

...e mais Xandra

E xa que estamos, pásovos tamén a última viñeta de Xandra publicada hai unhas semanas.
Unha aperta.


ilustracions para concerto de Pancho Álvarez

Ola. Pancho Álvarez é un contrastado músico de longa traxectoria que habitualmente toca co gaiteiro Carlos Núñez, aínda que tamén ten proxectos como creador musical independente. Para presentar o seu último traballo ("Sólidos Galicianos", Pai Música) elixiu o marco incomparable do Baixo do Moncho coa VI Edición do Festival de Cans como telón de fondo.
E diredes vós, ¿para que nos conta todo isto? Explícovos. Nese complicado entramado que é o Festival de Cans, ao seu director Fonso Pato (tamén director de varios programas da TVG como "Banda Curta", "Criaturas" e "Onda Curta") ocurréuselle que ao tempo que Pancho recitaba un Cantar de Cego existente sobre un accidente dun autobús acontecido en Cans alá polo 1955, eu podería preparar unha serie de ilustracións como apoio.

Estas dúas ilustracións foron proxectadas ao tempo que Pancho cantaba o pasado mércores 20 de Maio no Baixo do Moncho, e un servidor quedou contento de contribuír ao Festival de Cans co seu pequeno graíño de area. Bueno, tamén tiven algo que ver coa imaxe gráfica do Festival pero iso podédelo ver no meu outro blog (lembrade www.juanchodesenha.blogspot.com). Se ben é certo que as ilustracións poderían estar mellor de ter eu máis tempo, tamén non é menos certo que as cousas que se fan sen pensar, moitas veces teñen un grao de espontaneidade do cal carecen os traballos máis planificados. Agardo que vos gosten.

viernes, 24 de abril de 2009

gústame esta viñeta








pois si, esta viñeta góstacheme moito como quedou,
das mellores que teño feito nos últimos anos,
agardo que vos guste.
Hoxe estou canso, son as dez da noite e como dicía o xabarín
"vai sendo hora de ir para casa...", pero como eu xa traballo na casa,
no meu caso terei que dicir "vai sendo hora de saír da casa..."
Máis nada, despídome
e a ver se un día destes subo algunha ilustración que non sexa unha viñeta,
o malo é que o tempo é un ben moi escaso
na miña vida a día de hoxe.
Un bico, quéresevos.

jueves, 26 de marzo de 2009

Xandra de compras








Hai unha cita que di algo así como: "Hai homes que loitan un día e son bos, hai outros que loitan un ano e son mellores, hai quenes loitan moitos anos e son moi bos, pero hai os que loitan toda a vida, eses son os imprescindibles" (Bertolt Brecht). Cando deseñei o personaxe de Xandra, pensei nunha persoa que se lle podería aplicar unha cita semellante: "Hai persoas que están ao teu carón un día, esas son boas, hai persoas que están ao teu carón un ano e son mellores, hai as que están ao teu carón moitos anos e son moi boas, pero hai as que están ao teu carón toda a vida, esas son as imprescindibles". Esta clase de persoa é Xandra, das imprescindibles. Pero, aínda máis, eu engadería outra cita: "Hai persoas que nacen para ir de compras, e hai outras que nacen para acompañar ás que van de compras. Esas son as imprescindibles".
Un bico a tod@s e unha aperta.


Xandra e o amor... pola Wii

martes, 20 de enero de 2009

Xandra é unha moza "emo"








Ela e maila súa amiga son as novas protagonistas da tira comica que debuxo na peneira da louriña

martes, 7 de octubre de 2008

viñeta

aquí estou de novo subindo unha viñeta nova

Xa sei que estou actualizando pouco o meu blog pero o certo é que ando enleado co meu proxecto profesional, quero dicir que hai pouco que me dei de alta como autónomo e polo momento todos os proxectos que me foron xurdindo foron todos para juanchodesenha (aínda que eu sempre aproveito para meter polo medio algunha ilustración). É por iso que juanchodebuxa non sobe tantas cousas como lle gustaría. Hai moito que mellorar neste blog pero pouco a pouco, paseniñamente xa irei ofrecéndevos máis cousas de calidade.

Estanme pasando moitas cousas ao mesmo tempo e non teño marxe para ordealas, iso si, estou tentando facer as cousas o mellor posible para, algún día poder recoller os froitos,
pero mentres tanto, como alguén dixo por aí: "a inspiración existe, pero por se acaso, que me pille traballando". E así ando, ás voltas con JD&JD e o pouco tempo que me sobra é para Mai (que a pobre aínda traballa máis ca min).
Un saúdo, e moitos bicos a tod@s @s que len este blog.

martes, 12 de agosto de 2008

presentación de A CONTA ATRÁS no Festival Viñetas desde o ATlántico













Estes días recibín varios e-mails da responsable de comunicación da editorial Factoría K (Paz Castro) para informarme da presentación da última obra de bd de Sergi San Julián con guión de Carlos Portela, e prólogo de Manuel Rivas. Dita obra leva por título A CONTA ATRÁS, e sitúanos un ano despois da terrible marea negra que emporcallou as costas da Galiza.

Esta presentación será o vindeiro 13 de agosto, mañá, para entendernos, ás 19:15 horas na Coruña. Será na Fundación Caixa Galicia (planta baixa), con motivo do XI Festival Viñetas desde o Atlántico, que por certo este ano ten un cartel incrible.

O libro ten moi boa pinta e recoméndovos que o merquedes. Ademáis, como un servidor este ano non vai poder ir, pois así parece que falando de presentacións e tal estou máis preto deste FESTIVAL (con maiúsculas) que é un orgullo para tod@s @s galeg@s. Quen sabe, quizáis algún día poida eu presentar unha obra miña nel. Mentres tanto, será un bonito soño que, polo momento, e mentres non se diga o contrario, soñar é de balde.

Moi ben, pois a miña recomendación queda feita.
Un sáudo e bicos a tod@s.

miércoles, 6 de agosto de 2008

viñeta de verán

como un aquí nin vai de vacacións, nin vai á praia, nin tampouco creo que vaia ao Viñetas desde o Atlántico, teño que conformamrme con imaxinar a praia nunha viñeta desde o Louro (concretamente desde A Peneira da Louriña)... Non me queixo que polo menos este verán fun 2 veces á praia...

jueves, 10 de julio de 2008

proxima viñeta da Peneira da Louriña

Aquí a tedes, en primicia, antes de que saia o xornal a viñeta da nena vudú,
espero como sempre que vos guste. Por certo tiven uns días de baixa informática obrigada a causa dun virus, pero non por que collera eu un virus senón por mor dun virus informático que lle atacou duro á miña computer, pobre dela! Pero aquí seguimos, polo momento... O momento era moi malo pero xa se sabe o que di a Lei de Murphy, basta que algo poida ir peor para que vaia peor. Grazas a tod@s e seguimos en contacto.

martes, 24 de junio de 2008

viñeta para os amigos da Asociacion Moskeo Colectivo









Un saudo especial para Marcos, Marcos Escudero que e un artista/escultor de Mos
de enorme talento, mirade a sua web (www.m-arte.eu)

jueves, 29 de mayo de 2008

...estas xeitosas mozas debuxeinas hai un par de semanas

...pois así é, estas mozas debuxeinas no corel (ferramenta de forma) nun cartel que deseñei para o concurso de carteis da Festa da Rosa de Mos 2008, verdade que son xeitosas? (Bueno, polo menos a min gústanme). Pois nada, que non hai maneira, unha vez máis non gañei ningún premio nun concurso de carteis. Sorte de ter un blog e poder amosárvolas a tod@s, vós xulgaredes... Como sempre que hai deseño de por medio, o cartel podedes consultalo no meu outro blog (http://www.juanchodesenha.blogspot.com/)



martes, 27 de mayo de 2008

ilustracións para un concurso de chapas

éstas son dúas das ilustracións que empreguei nun concurso de deseño de chapas no que participei. O concurso chámase "1000 Chapas Solidarias" e, nesta edición, tentaba sensibilizar contra o abandono de animais. As chapas que presentei eu están no blog de deseño (lembrade http://www.juanchodesenha.blogspot.com/ )